- Os veciños de Miravalles non mostraron simpatía polo líder de Ciudadanos nin polos seus compañeiros
O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, e a candidata do seu partido ao Parlamento Europeo, Maite Pagazaurtundúa, realizaron un mitin en Miravalles (Biscaia), o pobo natal do exdirixente etarra José Antonio Urrutikoetxea, Josu Ternera, ao que arrestaron o pasado 16 de maio.
Rivera e Pagazaurtundúa chegaron a Miravalles escoltados pola Ertzaina e entre berros de “ Visca Catalunya LIiure” e “ Gora Euskadi askatasuna”.
O líder de Ciudadanos rachou unha fotografía que pedía a liberdade do exdirixente á vez que pedía «xustiza e liberdade» para as vítimas de ETA. Tamén foi rotundo ao manifestar que levará ao Congreso unha lei que prohiba as homenaxes a terroristas.
«Que saibades que a última homenaxe que fixestes a Ternera, vai ser iso, o último», espetou o líder de Ciudadanos en referencia á concentración protagonizada por algúns veciños da localidade pedindo a liberdade de Tenrera o pasado 16 de maio.

Os veciños de Miravalles non recibiron entre aplausos aos compoñentes de Ciudadanos, senón que ao chegar estes á praza do Concello, lugar onde se celebrou o mitin, empezaron a soar sirenas e alarmas de vehículos.