36
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo foi reelixido este sábado á fronte do Partido Popular de Galicia (PPdeG) por quinta vez tras recibir un 98,3 % dos votos a lista que encabezaba, única presentada. A lista de Feijóo obtivo 801 votos favorables dos 816 compromisarios que se reuniron en Santiago de Compostela, aos que hai que engadir 14 en branco e un nulo. O número de asistentes ao conclave do PPdeG reuniuse ao máximo legal por cuestións de aforo derivadas da situción sanitaria marcada pola covid-19. Na candidatura repite como secretario xeral Miguel Tellado aínda que a principal novidade é o nomeamento de seis vicesecretarios entre os que destacan as conselleiras da Xunta, Fabiola García e Ángeles Vázquez.