Alcaldes galegos do PP en contra da transferencia dos remanentes

Varios alcaldes, concelleiros e representantes do Partido Popular concentráronse diante do consistorio vigués para pedir a dimisión de Abel Caballero como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. Foi o seu voto de calidade o que permitiu que saíra adiante o acordo para transferir os aforros dos concellos ao Goberno central. Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e membro tamén da xunta de Goberno da FEMP, asegurou que os populares están convencidos de que «os aforros, os remanentes, o superávit das entidades locais, concellos e deputacións, deben investirse no territorio que foi quen de xeralos, e non que os leven, que os incauten, que os confisquen, que os expropie un Goberno que está atentando contra a autonomía municipal».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha