Esta tenda forma parte da gran operación de expansión que está a levar a cabo a insignia por Galicia e que concluirá na primeira semana de xullo. A de Carballo está situada na Rúa Vázquez Parga, esquina Pedreira s/n. Abrirá de luns a sábado en horario ininterrompido de 09.00 a 21.30 horas, conta cun persoal formado por 12 traballadores e dispón dunha superficie de sala de vendas próxima aos 800 metros cadrados.
O novo centro conta con mostradores tradicionais de peixaría, charcutería, queixos e carnicería, atendidos por profesionais de oficio, así como cunha panadería autoservizo con venda a granel de produtos recentemente enfornados.
Os clientes poderán escoller entre máis de 12.000 referencias, incluíndo unha ampla variedade de alimentación de produtos procedentes de lonxas galegas, de gandeiros, envasadores, pequenos industriais e agricultores de Galicia.
Cúmprese así a máxima de Alcampo de colaborar, como vén facendo historicamente, con empresas agroalimentarias da contorna onde se asentan os supermercados, na súa maioría pequenos produtores, coa meta posta en preservar a riqueza gastronómica da zona, ofrecer un plus de calidade e trazabilidade, reforzar o coidado do medio ambiente e da contorna social, así como impulsar a reactivación da economía da contorna.
Para facilitar as compras, o supermercado pon ao dispor dos seus clientes, de forma gratuíta, dun aparcadoiro con capacidade para 68 vehículos.
Coa chegada de Alcampo a Carballo, un maior número de galegos poderán gozar da calidade dos produtos dunha marca consolidada non só en España senón a nivel internacional, que respecta valores como a boa alimentación e que é líder indiscutible en prezo. A proba é que ano tras ano a cesta da compra nos centros Alcampo é recoñecida como a máis barata do país.