Alcoa ameaza con pechar todo


Logo das factorías da Coruña e Avilés, agora a incerteza se cerne sobre a de San Cibrao. A multinacional Alcoa puxo tamén en dúbida a continuidade desta terceira planta ao entender que o novo estatuto do consumidor electrointensivo, co que o Goberno quere reverter as crises desatadas na propia Alcoa ou Ferroatlántica, non é suficiente. “Se as medidas se limítan ao que recolle o borrador do estatuto, poñen en risco a viabilidade da planta de aluminio de San Cibrao, que é a única instalación que mantén a produción de aluminio primario en España”, expuxeron fontes da compañía ao diario Expansión. En Lugo conta con 1.200 traballadores, o dobre practicamente que nas plantas da Coruña e Avilés. En calquera caso, por outra banda, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto dixo este martes que co Estatuto e outras medidas nas que o Goberno traballa esperan chegar a xuño con “unha garantía dun investidor”, tanto para Avilés como para A Coruña.