Alcoa afirma que tomou esta decisión despois de analizar todas as opcións posibles e de levar a cabo un período de consultas de catro meses cos representantes dos traballadores e de negociacións para unha posible venda da planta de aluminio. Alcoa prevé que a hibernación ordenada das cubas conclúa no primeiro trimestre de 2021, mantendo 99 empregados operando unha parte da fundición. Alcoa afirma que a planta de aluminio de San Cibrao non é viable debido a «factores produtivos estruturais», como a ausencia dun marco enerxético competitivo en España, a sobrecapacidade mundial na produción de aluminio e a caída do prezo do mesmo, a empresa abonará indemnizacións de 30 días por ano traballado ata un máximo de doce mensualidades aos empregados afectados e contratará plans de recolocación externa para os mesmos.
37