Alcoa apraza o proceso de venda e paraliza o ERE

1 minutes read

Alcoa paralizou a venda das plantas da Coruña e de Avilés no último momento, alegando que Parter non ofrece as garantías financeiras esixidas. O anuncio chegou por sorpresa, ao límite do calendario e das forzas dos traballadores, que lle esixen contudencia ao Goberno. «Este venres se presentou na mesa e foi quen de forzar unha prorróga dunha semana máis para que Parter aclare cal é a situación e para retomar a venda, pero o Goberno ten que estar máis enriba do proceso porque creo que lles quedou claro como actúa esta multinacional.» afirmou Juan Ramón Paseiro do comité de empresa.

Finalmente Alcoa adiou ata o oito de xullo o proceso do ERE, unha semana gañada sobre o prazo fixado pola multinacional que debe servir para que o posible comprador acredite a súa solvencia financeira. O próximo luns todas as partes implicadas neste proceso volverán reunirse en Madrid.