Alcoa | Gonzalo Caballero insta a Feijóo e ao PP a “poñerse a carón do goberno de España”

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu a Alcoa que formalice xa o acordo de venda da factoría de San Cibrao a Liberty e reclamou ao Estado que, no caso de que Alcoa se peche á entrada do inversor, contemple “todas as vías de intervención legalmente posibles dentro do marco europeo para que a planta non peche”. “Hai inversor e hai un proxecto serio, e Alcoa non pode bloquealo e pechar a planta da Mariña”, remarcou o líder do PSdeG, quen fixo fincapé en que hai que “garantir a venda” da factoría de San Cibrao. Gonzalo Caballero incidiu en que Alcoa é unha empresa estratéxica pola produción de aluminio e non pode “obstaculizar a posibles inversores para manter a súa primacía no mercado e restrinxir a competencia, porque esas prácticas non deben ter cabida na Unión Europea e menos nunha empresa que recibiu axudas públicas inmensas”. Gonzalo Caballero requiriu ao Estado que contemple as vías de intervención legalmente posibles “para evitar o ERE ao que Alcoa nos quere conducir”, e esixiu a Feijóo e ao PP de Pablo Casado que se poñan “a carón do goberno de España fronte á estratexia de Alcoa”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?