Alcoa négase a vender


Alcoa comunicou formalmente a súa negativa á venda da fábrica San Cibrao a Liberty House e á Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI), e tras un longo encontro cos sindicatos quedaron rotas as negociacións para un axuste de emprego.

Alcoa mantivo durante as seis semanas nas que durou o proceso para unha eventual transacción o mesmo discurso, o de que non podía atender as “demandas pouco razoables” do grupo siderúrxico británico, que á súa vez non vía a “oferta equilibrada” da que estivo falando a propietaria.

No caso da Sepi, o desacordo de Alcoa cunha compra temporal estivo motivado por unha serie de cuestións que impiden chegar a un entendemento en “condicións razoables”, entre elas, pero non exclusivamente, segundo asína a dona deste emporio industrial, a solicitude de dereitos preferentes sobre a refinería.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, informou que continuarán coas protestas na defensa do emprego.