Alcoa comunicoulle aos representantes do persoal a súa intención de pechar a planta de aluminio que ten na factoría de San Cibrao, o que supón o inicio do despedimento colectivo duns 540 traballadores e, de confirmarse, un forte impacto na zona polas consecuencias no emprego indirecto e na actividade económica da comarca. A decisión da multinacional norteamericana foilles trasladada este xoves a membros do comité reunidos en Lugo co presidente da empresa. Despois da reunión coa representación dos traballadores, tamén a nivel europeo en Madrid, Alcoa anunciou nun comunicado a súa intención de «iniciar un período de consultas para un proceso de despedimento colectivo» que «afectaría potencialmente ata a un máximo de 534 empregados da planta de aluminio“.
36