Alcoa recorre a sentenza que tombou o ERE

Alcoa iniciou o procedemento para recorrer ao Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que tombou o ERE da factoría de San Cibrao. Fontes de Alcoa xa advertían fai uns días de que estudarían o auto pero insistían na “reestruturación” da planta da Mariña. Desde a dirección da empresa agora agardan que o Supremo considere que actuou “de boa fe” nas negociacións do Expediente de Regulación de Emprego (ERE). A compañía achaca o peche a “un largo período de consultas sobre os importantes e permanentes problemas estruturais que fan que a planta de aluminio de San Cibrao non sexa competitiva”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha