Alcoa segue adiante co plan de despedimentos en San Cibrao

1 minutes read

A empresa desoe as posibles alternativas ao proceso de despedimento colectivo e, cando rematan as tres semanas que a multinacional do aluminio fixou para as consultas informais cos traballadores, acaba de anunciar que o vindeiro 25 de xuño iniciará o proceso formal de despedimento de 534 traballadores da planta de San Cibrao, onde prevé deixar só en funcionamento a refinería de alúmina.

Segundo o comunicado difundido por Alcoa, ata o 25 de xuño continuará as consultas cos representantes dos traballadores durante unha semana máis. Ademais, dálles sete días para designar os membros da comisión que participará nas negociacións do período de consulta formal, que a empresa fixa en 30 días.

O comité de empresa lamenta actitude da dirección e a súa «falta de vontade» á hora de buscar solucións que permitan garantir a viabilidade tanto da produción de aluminio como dos postos de traballo. Con esta situación, a representación dos traballadores avanza que «a única saída é a implicación das administracións e a loita na rúa».