Aldeola inicia unha nova etapa

1 minutes read

Unha nova empresa con xente nova, dinámica, emprendedora, chea de novas ideas e moita ilusión, fíxose cargo do complexo de hostalería Aldeola, un paraíso de cristal, pedra, madeira, luz, auga e gastronomía para encher os momentos de lecer e benestar da comarca e de todos os que a visiten. Este venres tivo lugar a presentación oficial por invitación ante un reducido número de persoas debido ás condicións sanitarias, que descubriron de primeira man as pinceladas de profesionalidade en servizo, calidade, compostura e prestixio, impresas pola nova xerencia, capitaneada ao detalle por Nuria Acuña, a súa representante. Entre os asistentes ao acto estiveron o concelleiro de Turismo de Malpica, Alfredo Cañizo e o alcalde, Walter Pardo.

Entre as especialidades coas que contará o establecemento, ademais dos produtos de tempada da zona, están as tapas pícaras, cun toque divertido e o recuncho do viño, acompañado de xamóns e queixos con denominación de orixe. Tamén xa está dispoñible o aloxamento en hotel rústico con spa. Varios eventos xa contratados e outros en fase de contratación animan aos novos propietarios a ser optimistas en tempos de dificultades para a hostalería en xeral.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?