Alegría e cautela no primeiro día sen a máscara na rúa

Unha persoa con luvas e "mascarilla"_PIXABAY

Este sábado foi o primeiro día en case un ano no que puidemos quitarnos a máscara ao aire libre, sempre que non haxa aglomeracións ou non podamos manter un metro e medio de distancia con outras persoas. Algúns xa gozaron do aire na cara, pero o certo é que outros moitos aínda prefiren cubrirse nariz e boca. A cautela e os queixos cubertos continúan sendo a norma na rúa, en moitas ocasións por “costume”, dinnos algúns. Este novo pasiño cara á “normalidade” tráenos de volta costumes e sensacións, que ser por banais, non deixan de ser benvidas. En calquera caso, epidemiólogos, médicos e expertos en saúde pública lembran que a pandemia non terminou. Cando pasamos moito tempo á beira de alguén, falando ou gritando sen máscara, a posibilidade de contaxiarnos segue existindo en exteriores. A responsabilidade e a valoración do risco cae agora ao lado dos cidadáns, nun verán que comeza con preocupación polos macrobrotes de estudantes nunha viaxe de fin de curso.