O tenente alcalde e concelleiro de cultura, festas e xuventude, Anxo Núñez Fernández, presentou a programación do Entroido en Outes 2024. Un ano máis a alegría e orixinalidade do Entroido encherá as rúas do concello. Nesta ocasión, contará cunha programación ampla para todas as idades.
O concello de Outes repartirá o vindeiro mércores 14 de febreiro ate 2970€ en premios no concurso de disfraces, celebrará o desfile de Entroido, o enterro da sardiña e unha chocolatada con música a cargo da charanga Os Jalácticos.
Nesta datas, Outes tamén contará con programación para as familias con obradoiros de carautas e accesorios, pintacaras, globoflexia, inchables, minidisco e outras actividades infantís na festa do Entroido para os cativos.
