Alejandro Seral presentará en Carballo a súa novela ‘Morir dos veces’, coa colaboración de Afaber

O Vindeiro xoves 29 de xuño ás 18:30 horas, o escritor Alejandro Seral realizará a presentación da súa novela “Morir dos veces”, será na biblioteca Rego da Balsa de Carballo, coa colaboración de Afaber Alzheimer Bergantiños.
A novela, de temática relacionada co alzhéimer, ten un enfoque valente e esperanzado do xeito e afrontar esta enfermidade.
Durante a presentación, proxectarase unha reportaxe co mesmo nome, emitido no programa “Crónica” de TVE e a continuación, o autor presentará a novela autobiográfica sobre como afrontou a diagnose da enfermidade de Alzheimer do seu pai e como iso lle afectou á familia. O libro ten un enfoque optimista e esperanzador para enfrontar a enfermidade desde un punto de vista das tradicións rurais e ancestrais dos pobos. A obra foi recoñecida en 2021 co Selo Talento da Editorial Caligrama De, incluída no catálogo do Instituto Cervantes e recentemente elixida entre as finalistas do premio Ilba (International Latino Book Award).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha