Alemaña anuncia 95.000 millóns de euros en axudas

O goberno alemán presenta un terceiro plan multimillonario para axudar aos fogares para facer fronte ao aumento dos prezos da enerxía e a inflación. E é que a economía máis grande de Europa busca liberarse da dependencia das subministracións rusas tras a invasión de Ucraína por parte de Moscova. O chanceler alemán, Olaf Scholz, dixo na rolda de prensa: «O terceiro paquete de axuda son uns 65.000 millóns de euros e, se o sumamos aos dous anteriores paquetes, sae un total de 95.000 millóns de euros». Para levar a cabo estas axudas, o chanceler alemán Olaf Scholz, afirmou que o goberno contempla a introdución de varias medidas; como un freo ao prezo da electricidade para os consumidores, financiado polos «beneficios casuais» das empresas enerxéticas. Isto significa que o freo no prezo ofrece aos consumidores privados unha cantidade de electricidade determinada a un prezo reducido, que equivalería ao «consumo básico». Ademais, tamén contempla a eliminación da recarga eléctrica para o fomento das enerxías renovables, xa que aínda que as centrais de carbón e enerxía nuclear producen máis barato, actualmente son as que determinan o alto prezo do mercado. Outra das medidas é estender a bonificación enerxética de 300 euros nun pago único tamén a xubilados e de 200 euros a estudantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha