Alemaña anuncia a reapertura da súa embaixada en Ucraína

0 minutes read

Así o anunciou a ministra de Exteriores alemá, Annalena Baerbock, que este martes se reuniu en Kiev co presidente Volodímir Zelenski. Baerbock, primeiro membro do Goberno alemán que visita Ucraína desde o comezo da guerra, expresou o seu desexo de que o país reciba cando antes o status de candidato á adhesión completa á Unión Europea. Baerbock tamén estivo en Bucha, escenario do que a xefa da diplomacia alemá cualificou de «crimes de guerra e crimes contra a humanidade» polos que os seus responsables «terán que render contas», concluíu.