Alemaña anuncia un investimento millonario en defensa

O chanceler Olaf Scholz anunciou ante o Parlamento un investimento masivo de cen mil millóns de euros para modernizar as súas Forzas Armadas alemás e un aumento do investimento en Defensa por encima o 2 % do PIB anual do país. Este discurso marca un drástico cambio de rumbo para Alemaña, que foi branco de críticas nos últimos anos por parte de Estados Unidos polas súas reticencias para investir en Defensa, á altura das demandas da OTAN, a pesar da vetustez dos seus cazas, buques de guerra e blindados, denunciada por altos mandos militares. Segundo Scholz, Alemaña necesita agora unhas Forzas Armadas «de última xeración» para protexer ao país, entre outras ameazas, da que representa a Rusia de Vladímir Putin. Alemaña tamén rompeu con outro dos seus grandes principios, o de non proporcionar armas a países en guerra, ao anunciar que enviará a Ucraína 500 mísiles Stinger e mil lanzagranadas antitanque.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha