Segundo o semanario alemán Der Spiegel o goberno alemán está disposto a autorizar a transferencia de polo menos unha compañía do modelo Leopard 2A6 a Ucraína. Tras reunirse co secretario xeral da OTAN, o ministro de Defensa alemán Boris Pistorius mostrouse disposto ao envío:
«Sempre dixen que espero que se tome unha decisión en breve, iso é o que sigo pensando. O que quero subliñar unha vez máis é, o que xa dixen en Ramstein, animei explicitamente aos nosos países socios, que teñen no seu poder tanques Leopard, que están listos para usar, a que empecen xa a instruír ás tropas ucraínas no manexo de tanques».
Desde Moscova advirten que estas entregas non achegarán «nada bo» á futura relación coa OTAN e Alemaña. «Deixarán unha pegada duradeira», dixo o voceiro do Kremlin, Dimitry Peskov.