Alemaña arrinca un punto ante España no último suspiro


España e Alemaña selaron táboas (1-1) no Mundial de Qatar, no segundo partido da fase de grupos, disputado este domingo en Al Bayt. O punto dálle a vida aos xermanos, que terán opcións fronte a Costa Rica, mentres que a Vermella lidera o grupo E e válelle o empate ante Xapón para pasar a oitavos de final. Por España marcou Morata, que non comezou o encontro como titular, Füllkrug foi o encargado de establecer o 1-1 final que vale moito para Alemaña. O seleccionador cumpriu a súa palabra e non repetiu o once, pero só houbo un cambio: Carvajal por Azpilicueta. E é que despois da exhibición do debut, ata a un inconformista como Luís Enrique cústalle cambiar algo dunha máquina que funciona case á perfección, incluíndo a presenza dun pivote no eixo da defensa, Rodri, e unha liña de dianteiros sen un ‘nove’ puro.