Alemaña celebrou o 30 aniversario da caída do Muro de Berlín

0 minutes read

Alemaña celebrou este sábado, o 30 aniversario da caída do Muro de Berlín, coa ausencia dos líderes occidentais. Si asistiron aos actos conmemorativos, este 9 de novembro, os presidentes de Eslovaquia, Polonia, a República Checa e Hungría, así como os alcaldes dalgunhas cidades hermanadas coa capital alemá. As flores cubriron o Memorial do Muro de Berlín en Bernauer Strasse. Despois, na Capela da Reunificación, antes de celebrarse unha misa, a chanceler alemá instou a loitar polos valores europeos. O punto final ás celebracións púxoo un gran concerto na Porta de Brandemburgo, cun discurso do presidente alemán, Frank-Walter Steinmeier.