Alemaña | Cinco mortos nun atropelo nunha zona peonil

1 minutes read

De momento son cinco as persoas falecidas, entre elas un bebé de nove meses, e outras 15 feridas de gravidade, como consecuencia dun atropelo múltiple que tivo lugar este martes nunha zona peonil da cidade alemá de Tréveris (ao oeste do país), xunto á fronteira con Luxemburgo. Os feitos producíronse cando un todoterreo irrompeu nunha zona peonil do centro urbano, atropelando a varios transeúntes. O condutor, é un home de 51 anos de nacionalidade alemá (identificado polos medios locais como Bernd W.) orixinario dunha localidade próxima que foi detido minutos despois pola policía. O móbil non está claro, aínda que o detido conducía baixo os efectos do alcol e podería presentar algún «trastorno psiquiátrico». Con todo, os investigadores descartan calquera motivación terrorista, política ou relixiosa.