A cúpula do Partido Socialdemócrata de Alemaña (PSD) deu luz verde ás negociacións que levarían a formar unha «coalición semáforo a tres bandas» para o próximo goberno Federal. Todo apunta que sería unha alianza liderada por Olaf Scholz, apoiada polos Verdes e liberais. Só faltaría que estes últimos ratifiquen o documento pactado este venres, a próxima semana.
«Unha cuestión importante é a modernización industrial do noso país, que debe ter éxito de tal maneira que ao mesmo tempo consigamos deter o cambio climático provocado polo home. Isto significa que necesitamos unha expansión masiva das enerxías renovables para que nos sexa posible abandonar o uso de recursos fósiles canto antes. Isto é exactamente o que nos propuxemos facer xuntos. Será o maior proxecto de modernización industrial que probablemente emprendese Alemaña en máis de 100 anos. E beneficiará enormemente á nosa economía», declarou Scholz, líder da formación socialdemócrata e vicecanciller de Alemaña.