Alemaña está «ante a fase máis difícil da pandemia»

1 minutes read

Na súa habitual mensaxe dos sábados, a chanceler alemá Angel Merkel, pediulles aos cidadáns paciencia e prudencia ante a perigosa segunda vaga de coronavirus. As restricións na vida pública e na actividade económica estarán vixentes ata finais de xaneiro. Merkel recoñeceu que o país está ante a fase «máis complicada da pandemia» e instou a aplicar e cumprir as novas restricións para controlar a propagación do virus. Falou da esperanza das vacinas aínda que recoñeceu o comezo lento da campaña, que di se vai acelerar co paso dos días e a chegada de máis doses. Nas últimas 24 horas Alemaña rexistrou 24.694 contaxios e 1.083 mortes, unha das maiores cifras da pandemia, só lixeiramente por baixo do máximo diario da xornada do venres.