62
Alemaña comezou a administrar a vacina de Oxford AstraZeneca contra a Covid-19 aos menores de 65 anos. Este reforzo na fronte da inmunización colectiva coincide co anuncio de que se manterán as restricións ata polo menos o próximo 7 de marzo. Así o acordou a chanceler, Angela Merkel, cos Gobernos rexionais. Toda prudencia é pouca para a chanceler ante a propagación das novas variantes do coronavirus:
«Temos unha gran incerteza coas mutacións. Estas impoñeranse e o vello virus desaparecerá. Temos que vivir co virus e non podemos descartar que cos novos virus haxa un crecemento exponencial de casos. Por iso temos que asegurar o seguimento e por iso temos que ser tan coidadosos», explicaba Angela Merkel.