52
- O ministro de Sanidade apunta ás celebracións familiares como unha das principais razóns dos novos brotes
O coronavirus expándese en Europa, e Alemaña súmase á lista dos países que están a experimentar un aumento rápido e preocupante debido á enfermidade.
Nas últimas 24 horas, as autoridades sanitarias rexistraron máis de 1.300 casos e, segundo o Instituto Robert Koch, un de cada tres contaxios danse en persoas que regresan do estranxeiro. O diario Euronews tamén se fixo eco das palabras do ministro de Sanidade alemán, Jens Spahn, quen sinalou as celebracións familiares como unha das principais razóns de que haxa novos brotes.
Con estes datos na man, e en plena apertura das escolas, o Goberno de Angela Merkel recoñeceu que a situación é «preocupante, pero manexable».