Alemaña | Polo menos oito mortos e varios feridos tras un tiroteo en Hamburgo


A matanza ocorreu nun edificio de tres plantas utilizado polas Testemuñas de Jehová. A policía foi alertada de disparos sobre as 9.15 da noite deste xoves. Os disparos iniciáronse no chamado Salón do Reino, onde as Testemuñas de Jehová se reúnen dúas veces á semana. A policía confirmou que un dos mortos era o autor da matanza.

Holger Vehren, voceiro da policía de Hamburgo explicou:“Os axentes de policía que entraron alí tamén atoparon a persoas gravemente feridas por armas de fogo e algunhas con feridas mortais. Os propios axentes tamén oíron outro disparo procedente do piso superior e atoparon alí tamén a outra persoa.”