Alerta laranxa por temporal no litoral

0 minutes read

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir da tarde deste martes dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará aos litorais suroeste e oeste da provincia de A Coruña e ao litoral de Pontevedra, por mar combinada do oeste con ondas entre 5-6 metros. Cabe lembrar a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.