Alerta na ponte de Rande por un coche que apareceu baleiro de madrugada

Os servizos de emerxencias montaron un operativo de procura este domingo ante a sospeita de que pode haber unha persoa desaparecida no mar en Rande. O 112 Galicia recibiu esta madrugada, ao redor das 03.00 horas, as chamadas de varias persoas particulares pola presenza dun coche parado e aceso na ponte da AP-9. Informaban, ademais, de que non había ningún ocupante dentro do vehículo. Ante a posibilidade de que unha persoa estivese no mar, o 112 deu aviso dos feitos a Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia, ademais de a Garda Civil e á Policía Nacional. Salvamento Marítimo despregou o helicóptero ‘Pesca 1’ para tratar de atopar algunha persoa na auga desde o aire. A aeronave peiteou as zonas próximas á ponte de Rande en Redondela, Chapela, Vilaboa, Domaio e Meira. Antes do mediodía suspendeuse a procura que de novo volverá renovar pola tarde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha