Alerta por calor extrema en nove comunidades

A Aemet activou este sábado avisos en nove comunidades autónomas, que son de nivel laranxa por calor en Estremadura e Andalucía, onde tamén o hai por fenómenos costeiros. O resto de alertas repártese entre Aragón, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid e A Rioxa por altas temperaturas ou tormentas, e en Galicia por ventos na costa. En Estremadura as temperaturas poden chegar a 41 graos e activouse a alerta laranxa (risco importante) nas veigas do Guadiana en Badaxoz. No resto da provincia de Badaxoz e en Cáceres, o nivel de alerta é amarelo (risco) ao prever temperaturas de entre 39 e 37 graos, con mínimas por encima dos 20 graos. En Andalucía activouse o nivel de alerta laranxa por temperaturas máximas que poden alcanzar os 40 graos na campiña cordobesa; en Adévalo e Condado, en Huelva; no val do Guadalquivir, en Xaén e na campiña sevillana. O aviso queda en amarelo por temperaturas de ata 38 graos noutras zonas de Córdoba, Huelva, Xaén e Sevilla.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha