40
As previsións atmosféricas avisan da chegada do primeiro gran temporal do outono. Practicamente toda Galicia estará con aviso amarelo por chuvia. Nas montañas de Lugo e Ourense haberá vento forte e nevará. O peor estará no mar, en alerta vermella por ondas de máis de oito metros.
Se se cumpren as previsións, case toda Galicia estará este xoves en alerta por algún fenómeno atmosférico debido á proximidade dunha borrasca moi fría.
A chuvia, o vento e o frío irán a máis no interior de Galicia, as dificultades pódeas causar a neve, sobre todo en zonas altas de Lugo. As previsións indican que o temporal na costa continuará o venres algo máis atenuado.