A Xunta activou a declaración de situación de alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Anllóns, da costa da Coruña ata o límite de Arteixo. Segundo acordou este luns a Oficina Técnica da Seca, mantense a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña e actívase a do río Anllóns.
As reservas do encoro de Cecebre, que abastece A Coruña e boa parte da comarca, seguen baixando, cun nivel de ocupación do 43,61 %. A Xunta avisou, con todo, de que a situación «non é alarmante a curto prazo» desde o punto de vista do abastecemento porque a zona conta cunha reserva importante de auga no lago das Encrobas. Na reunión determinouse que, aínda que a choiva da primeira quincena de setembro produciron un incremento puntual do caudal medio diario dos ríos, este baixou rapidamente, polo que se recuperaron os valores previos, pero, con todo, espéranse borrascas para a segunda quincena do mes.