Alerta por un lume nunha vivenda en Carballo

0 minutes read

Pasadas as 22:30 horas deste luns o 112 Emerxencias Galicia movilizou a Policía Local e aos bombeiros do parque comarcal de Carballo por un lume ocorrido na cociña do primeiro andar do número 11 da rúa Cemiterio Vello no barrio da Milagrosa. A profesionalidade e rápida intervención dos servizos de emerxencia foi vital para reducir o impacto das lapas e que por tanto os danos non puidesen ser maiores.