Alertan da circulación de billetes falsos nos comercios de Ferrol

0 minutes read

O Nadal é unha das campañas do ano máis importantes para o comercio, algo que os estafadores saben e utilizan. Nos comercios do centro de Ferrol xa están notando o aumento de billetes falsos en circulación e nas últimas semanas xa deron a voz de alerta. Ano tras ano, a Policía Nacional dá consellos aos comerciantes para evitar fraudes e os propios establecementos teñen as súas propias armas para detectar estes calotes. Agora, no que resta de campaña de Nadal tocará atender os clientes cun ollo posto na caixa rexistradora.