Alertan da detección de tests falsos de covid e gripe no mercado europeo

Arquivo.

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios alertou da detección no mercado europeo de unidades falsificadas dun test de autodiagnóstico de covid-19 e gripe, aínda que polo momento descoñécese se a proba falsificada foi distribuída en España. Trátase do test de autodiagnóstico COVID-19 and Influenza A+B Antigen Combo Rapid Test, fabricado por Safecare Biotech (Hangzhou) Co., Ltd., con referencia FCO-6032 e número de lote FCO24090516. O fabricante confirmou que o produto foi manipulado e que o número de lote FCO24090516 é falso. A Axencia Española de Medicamenos e Produtos Sanitarios iniciou unha investigación para coñecer a distribución dos produtos afectados e a situación en España.

Related posts

Yolanda Díaz anuncia que non será candidata nas próximas eleccións xerais

Faleceu Antonio Tejero, o garda civil que protagonizou o intento de golpe de estado o 23-F de 1981

A Garda Civil cre que a rotura do carril ou a soldadura foi a causa do accidente de Adamuz