Alertan da distribución de «diñeiro de película»

1 minutes read

Axentes da Polícia Nacional realizaron dúas operacións en Eibar e Palencia contra organizacións dedicadas á distribución do chamado «diñeiro de película», billetes falsos que se utilizan en producións cinematográficas ou anuncios.
En Eibar localizáronse 4.300 bilettes falsos de 100 euros e houbo unha detención, mentres que en Palencia incautáronse de 300 bilettes falsificados de distintos importes co arresto de 4 persoas. A policía lembra as recomendacións do Banco de España para evitar caer nestas falsificacións: tocar, mirar e xirar, comprobando as impresións en relevo cun tacto inconfundible, colocalos o trasluz para ver a marca de auga e o fío de seguridade, e ao xiralos a banda holográfica muda.