Alertan de que Irán está aumentando as súas capacidades nucleares

0 minutes read

Os inspectores do Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) alertaron que Irán aumentou ata en 10 veces o número das súas centrifugadoras máis modernas e rápidas para producir uranio enriquecido, un material que ten uso civil, pero tamén militar para fabricar bombas. A axencia nuclear da ONU precisa que a República Islámica dispón actualmente de 2.967,8 quilos de uranio enriquecido (10 veces máis do pactado), unha pequena parte dos cales (17,6 quilos) cunha pureza de ata o 20 %.