Condutores de varias rutas fan uso habitual do carril de circulación para vaciar o contedor tendo arcén suficiente para parar e realizar o seu traballo con seguridade e sen entorpecer a circulación.
Usuarios de diferentes rúas, da estrada comarcal AC-552 ou da DP-1914 quéixanse dunha práctica habitual ao volante dos camións da recollida do lixo que prestan o servizo ao Concello de Carballo, cando menos neglixente e moi perigosa. Independentemente da ubicación do contedor que desexen vaciar, se hai espazo ou non, curva, liña contínua ou mesmo aínda sitio libre para parar, o condutor non varía o seu trazado, parando o vehículo no carril de circulación (en ocasións falando polo móbil) e o que veña detrás que espere, cun grave risco de atropelo tamén para os propios traballadores da empresa.
Certo é que igual en algún punto determinado do casco urbano non hai outra alternativa, (atrás quedan os tempos nos que toda a recollida se facía de noite para non entorpecer o tráfico rodado) pero en estradas comarcais ou provincias hai arcén suficiente para poder realizar a manobra con seguridade sen ter os demáis usuarios da vía que esperar unha e outra vez o vaciado de varios contedores ata poder facer unha manobra de adiantamento correcta e sen risco.
Nesta ocasión, o pasado martes 13 de xaneiro eran dous os camións parados no carril da DP-1914 ás 11:30 horas.