42
A compañía Volkswagen está a contactar por carta cos posibles afectados dunha serie de modelos de vehículos para substituír de balde o xerador de gas ou ben o módulo de airbag.
Organizacións de consumidores como FACUA incidiran no risco de lesións pola explosión da carcasa do xerador de gas ao activarse o airbag dianteiro nos seguintes modelos de Audi: A4 Cabrio (modelos 2007-2009), Audi A4 (modelos 2005-2008) e Audi A6 (modelos 2005-2011).
Segundo a última Rede de Alerta da Axencia Aecosan, non habería que descartar que por mor disto se soltasen algunhas pezas de metal da carcasa que poderían chegar a ferir algúns dos pasaxeiros.
Polo de agora, non se sabe a cifra exacta de vehículos prexudicados por esta incidencia.