24
- Recoméndase á veciñanza que tome precaucións ante este tipo de situacións
O Concello de Muxía e Protección Civil da localidade alertan dunha posible estafa levada a cabo por unha ou varias persoas que visitan diferentes vivendas no municipio coa excusa de facilitar ou cubrir os trámites para o Bono Social eléctrico.
Desde as entidades aconsellan á veciñanza que tome precaucións ante este tipo de situacións e que non dubiden en chamar ao Concello (981 74 20 01) ou á Policía Local (680409875) ante calquera dúbida ou sospeita.