Alexis Tsipras convoca eleccións anticipadas en Grecia para o 7 de xullo

As eleccións anticipadas que anunciou o pasado domingo o primeiro ministro de Grecia, Alexis Tsipras, tras o pau recibido polo seu partido político, SYRIZA, nos comicios ao Parlamento Europeo celebrados ese mesmo día, terán lugar o 7 de xullo, segundo informou este martes o portavoz gobernamental, Dimitris Tzanakopoulos.

Grecia estaba chamada a votar en novas eleccións xerais o próximo outubro, pero Tsipras deixara aberta a porta a un adianto electoral, a propósito de que as eleccións deste domingo poderían arroxar un mal resultado para o seu partido, Syriza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha