Alfonso de Sas presentou o libro ‘El cementerio de los ingleses’ na Mostra de Camariñas

1 minutes read

A sala de desfiles da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu este sábado a terceira e última das presentacións literarias que se están a celebrar durante o evento. Alfonso de Sas presentou o seu libro ‘El cementerio de los ingleses’. Un libro de ficción que está inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome. Na obra explórase a relación que xorden como consecuencia da traxedia entre os residentes no lugar e os membros do Imperio Británico. De Sas, nado en Ourense, estudou Dereito e traballou en Comercio Internacional antes de decidirse, xa xubilado, a publicar a súa primeira obra. O autor explicou que “sempre quixen escribir sobre a experiencia dun náufrago no mar” e indicou que “a historia do Serpent pareceume fascinante e, a partir de aí, fun traballando e o volume foi medrando e collendo forma”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?