Un político de 63 anos chamado Alfonso Gómez Cruz foi investido alcalde de Xenebra (Suíza) este mércores 7 de xuño. A invitada máis importante da cerimonia foi a súa propia nai Emilia, residente en Corme (Ponteceso) e de 81 anos de idade. E é que a súa familia foi unha das moitas de Galicia que naquela época tivo que emigrar á Suíza. Como moitos outros nenos, el quedouse en Corme cos seus avós ata os catro anos, logo foise a Suíza, pero dos 9 aos 14 volveu a Galicia.
Con esa idade regresou a Xenebra e alí formouse como economista e entrou en política, sendo concelleiro desde o ano 2013 polo Partido Verde, de clara tendencia de esquerdas. O xa alcalde de Xenebra recibía. Con motivo da súa investidura, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a través do seu presidente, Alberto Varela, envioulle unha carta de felicitación, e ademais esa carta contén unha invitación para asistir á XI Asemblea da Fegamp, que se celebrará no mes de novembro.
Non foi o único, a líder do BNG, Ana Pontón tamén lle felicitou a través do seu perfil de Twitter: «Quero enviarlle os meus parabéns e un afectuoso saúdo a Alfonso Gómez Cruz que pasa a ser o novo alcalde de Xenebra. Galego de lei, orgullo fillo de emigrantes, estou convencida de que fará un gran traballo desde a súa xenerosidade, formación e talento político de progreso», concluíu Pontón.
