25
O candidato á presidencia do PPdeG, no congreso que vai celebrar a formación en Pontevedra a finais deste mes, Alfonso Rueda, reuniuse con militantes mozos e lembrou que comezou a súa carreira política nas Novas Xeracións de Pontevedra.
O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, entregoulle un carné de honra porque vai ser o primeiro presidente dos populares que vén desa agrupación.
Rueda queixouse de que BNG e PSOE xa adiantaran que van votar en contra da súa investidura como presidente da Xunta antes de escoitalo. E insistiu en que o PP é a formación «que máis se parece a Galicia e que non é un partido de vellos».