Alfonso Rueda anuncia que optará a liderar o PPdeG

Alfonso Rueda, confirma a súa decisión de postularse para liderar o PPdeG e presidir a Xunta de Galicia. Así o anunciou na tarde deste venres ante a xunta directiva do PP de Pontevedra. Rueda agradeceulle a Feijóo a «xenerosidade» e «valentía» de presidir o partido en España, de irse a Madrid cando tiña aquí o seu poder consolidado. Pediu o apoio de todo o PP de Pontevedra para que sexa o próximo presidente de España e fixo un chamamento á unidade do partido por riba de todos os demais retos. Rueda Valenzuela marcouse como obxectivo conseguir a quinta maioría absoluta do PP en Galicia. Antes do relevo no partido, haberá remuda na Xunta. Alberto Núñez Feijóo presentará a súa renuncia proximamente, pero aínda non concretou a data. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha