O candidato á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, defendeu este martes que a súa etapa á fronte da Xunta de Galicia estará marcada polo continuísmo, aínda que con vocación de «profundar nos acertos» dos últimos anos nos que gobernou Alberto Núñez Feijóo. A ese continuísmo, o candidato chamouno «normalidade excepcional», e é que na súa opinión, coas maiorías absolutas do PP, Galicia soubo estar á marxe nos últimos anos da inestabilidade que caracterizou a política española. Rueda ofrece un Goberno sensato e previsible para que Galicia siga sendo referente de estabilidade institucional e chama a todos os partidos a facer política poñendo Galicia sempre por diante. Pechou a súa intervención afirmando que non é, nin o pretende, Albor, Laxe, Fraga, Touriño nin Feijóo, que o que pretende é traballar para ampliar e mellorar o legado destes anos de goberno. «Cambia un dos camiñantes, pero o camiño continúa», concluíu.
39