Alfonso Rueda chama a construír unha «Galicia en positivo» na súa mensaxe de fin de ano

1 minutes read

Alfonso Rueda escolleu o Museo de Pontevedra, onde están gardadas máis de 1.800 pezas que compoñen o legado de Castelao, debuxante, dramaturgo, ensaísta e político, «rianxeiro universal e poliédrico», matizou. O presidente da Xunta incidiu en que Galicia non exclúe a ninguén cando se trata de construír o seu futuro «en positivo». Para explicalo, Rueda bota man dunha estampa de Castelao: «Non lle poñades tachas á obra mentres non se remata. O que pense que vai mal, que traballe nela. Hai sitio para todos». Sobre a crise incendiaria deste verán aseverou que «cómpre traballar todos a unha para ter un monte máis produtivo e máis protexido». «Os Gobernos están para gobernar, non para entreter e moito menos para indignar». Alfonso Rueda rematou o seu discurso mandando unha mensaxe de afecto a todas as persoas que pasan o Nadal en soidade, que padecen algunha enfermidade ou que botan en falta algún ser querido. O presidente da Xunta quixo facer unha «lembranza agarimosa» para os nosos emigrantes que celebran estas festas «lonxe da súa terra que levan sempre no corazón, como nós os levamos a eles», concluíu