Alfonso Rueda e Rosa Quintana visitan Fisterra e Cee este mércores


O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, intervirá no Foro Finisterrae. Encontros no Horizonte. A cita terá lugar no restaurante O Fragón. Máis ou menos ao mesmo tempo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, visitará as instalacións do Grupo Tres Mares, en Lires, dedicado á produción e procesado de troita, e manterá un encontro cos seus representantes.