O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, falarán este luns en Laxe sobre o proxecto Promoción e posta en valor das zonas percebeiras. A ruta do percebe de Laxe. Trátase dunha ruta ao longo do litoral na que se pode admirar unha paisaxe cambiante cada día, tanto polas mareas como polas condicións climáticas, nos días de traballo dos percebeiros podemos velos en plena actividade. Varios paneis explicativos informan do traballo dos percebeiros de Laxe. Rueda e Quintana realizarán un tramo do percorrido do roteiro polas inmediacións do faro de Laxe.